Xoves, 23 de Febreiro de 2012 @ 04:46

Probas de clasificación

As probas de clasificación teñen por obxectivo identificar o nivel de dominio no idioma da persoa candidata, que desexe matricularse nas escolas oficiais de idiomas de Galicia nun nivel superior ao 1º curso do nivel básico. Ditas probas estarán destinadas só ao novo alumnado.

Os resultados da proba manterán a súa validez durante dous cursos académicos en calquera das escolas oficiais de  idiomas de Galicia.

 Os aspirantes ás probas de clasificación deberán ter, de acordo co artigo 59.2 da Lei Orgánica de Educación, dezaseis anos ou cumprilos antes do 31 de decembro do ano natural en curso se se trata do primeiro idioma cursado no ensino secundario obrigatorio, e catorce anos de non ser así.

As datas de inscrición nas probas de clasificación serán do 18 de maio ao 8 de xuño de 2011.

Para formalizar a inscrición as persoas candidatas deberán presentar a seguinte documentación no centro onde desexen facer a proba:

  • Resgardo de aboamento das taxas.
  • Impreso de inscrición debidamente cumprimentado.
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte.

A duración máxima da proba en todos os idiomas será de dúas horas na parte de expresión e interacción escrita, comprensión de lectura e comprensión oral, e 5 minutos na proba de expresión oral.

1ª sesión

(máximo 2 horas)

Comprensión de lectura

 

 Expresión e interacción escrita

Comprensión oral

 

 

Máximo 30 minutos


 Máximo 60 minutos


Máximo 30 minutos

2ª sesión Expresión oral 5 minutos por persoa candidata

 

 

Última actualización: Martes, 26 de Abril de 2011 @ 17:03|2.875 Visitas Ver versión para imprimir